sábado. 08.05.2021 |
El tiempo
sábado. 08.05.2021
El tiempo

"Calma tensa" en Xove polo brote de coronavirus

Demetrio Salgueiro. ARCHIVO
Demetrio Salgueiro, nunha imaxe de arquivo. JOSÉ Mª ÁLVEZ / AMA
Os veciños están preocupados e o alcalde chama a extremar "as precaucións"

O alcalde de Xove, Demetrio Salgueiro, reconece que o seu municipio está a vivir nunha situación de "calma tensa" como consecuencia do brote de coronarivus que xa afecta a once persoas dunha mesma familia do municipio e a outras sete na zona de Burela, aínda que tamén expresou a súa confianza no traballo que se está realizando por parte do Sergas para "rastrexar" os posibles contagios e frear a propagación da Covid- 19.

Os veciños de Xove están "preocupados", recoñeceu o seu alcalde, entre outras cousas porque este municipio mariñán apenas sentira ata agora a incidencia do coronavirus, dado que "só detectouse un caso positivo no mes de marzo". Agora, en pleno verán, esta noticia caeu "como un xerro de auga fría". En calquera caso, Salgueiro confía en que a situación quede pronto controlada.

Sanidade investiga se os 18 casos de Xove e Burela teñen relación á espera de resultados pendentes

Para iso, tamén fixo un chamamento aos veciños do municipio, aos que animou a extremar "as precaucións" e a facer caso ás medidas recomendadas polas autoridades sanitarias, como lavarse frecuentemente as mans, manter a distancia e usar máscara.

Salgueiro precisou que, dos once infectados de Xove, nove pertencen ao núcleo dunha mesma familia, que o pasado 13 de xuño reuníronse para unha celebración, mentres que os outros dous son próximas á mesma, "xente da súa contorna". Ademais, ratificou que dous dos casos positivos son menores. En calquera caso, a maioría son "asintomáticos" ou están a padecer "síntomas moi leves".
 

"Calma tensa" en Xove polo brote de coronavirus
comentarios