Calcinado por completo un tractor nunha leira de Trabada

O condutor logrou saír do vehículo a tempo e non sufriu danos
Tractor calcinado en Trabada. AMA
photo_camera Tractor calcinado en Trabada. AMA

Un tractor resultou calcinado por completo cando se atopaba nunha leira de Trabada. O condutor logrou saír san e salvo da incidencia, cuxo orixe se descoñece, aínda que se baralla a posibilidade de que se producise un fallo eléctrico.

O vehículo agrícola empezou a arder pasada a unha da tarde, pero afortunadamente non houbo que lamentar máis danos que os materiais. Os veciños da zona mobilizáronse con cisternas para intentar sufocar o lume canto antes, pero non puideron evitar que ardese por completo o tractor.

O incendio mobilizou ao grupo de urxencias supramunicipal (GES) da Pontenova, aos bombeiros do parque de Barreiros e unha carroceta do Concello de Trabada. Cando chegaron estes efectivos de urxencias ao lugar do sinistro, alertados polo 112 Galicia, xa case estaba extinguido o lume, pero aínda ardían as gomas das rodas.

Máis en A Mariña