Cajoto anuncia o inicio en pouco tempo das obras para a nova protectora

A obra corre a conta do Concello e a Deputación

Fran Cajoto, durante a súa visita aos terreos. AMA
photo_camera Fran Cajoto, durante a súa visita aos terreos. AMA

O rexedor focego, Fran Cajoto, anunciou que as obras para construír as novas instalacións da protectora de animais comezarán proximamente. Cajoto, acompañado de membros da protectora e de técnicos e persoal da empresa adxudicataria, visitaron onte o terreo sobre o que se construirá o refuxio.

As novas instalacións son unha reclamación que se leva facendo dende hai tanto por parte dos voluntarios que atendían as antigas instalacións situadas no porto da localidade. Según explicaban, o recinto era moi pequeno e non reunía as condicións adecuadas para garantir a seguridade e o benestar que precisan os animais que se atopan recollidos no lugar.

As obras da nova protectora levaranse a cabo a través duns fondos dispostos pola Deputación de Lugo, que tras firmar un convenio co Concello de Foz, comprometeuse a aportar 90.200 euros. O Concello pon, pola súa parte, unha suma total de 38.009 euros ademais dos terreos, os proxectos técnicos e os permisos que son necesarios para executar as obras.

A Deputación achegará 90.200 euros, e o Concello, 38.009 máis os terreos

Así, Fran Cajoto mostraba a súa satisfacción polo feito de que "por fin se vaia construír a nova canceira xa que o lugar que actualmente utiliza non é o adecuado" e tamén mostraba o seu interese porque as obras se fixesen realidade o antes posible: "Agardamos que os animais e os seus coidadores poidan facer uso das novas instalacións o antes posible".

O novo refuxio estará situado en Vilaronte, cerca do punto limpo A parcela na que se vai construír ten unha extensión de máis de 13.000 metros cadrados e a protectora ocupará uns 2.500 destes. A propia edificación en si estenderase 285 e o resto serán áreas ao aire libre para que os animais se sintan cómodos.

CRÍTICA

Nesto senso, o portavoz do grupo municipal do PP, Javier Castiñeira, recordou que estas instalacións son posibles gracias a que os votos do PP e de FPF permitieron aprobar os presupuestos do ano pasado, que contaban cunha partida para esta obra. "Esas contas contaron co voto en contra de PSOE e BNG, agora socios no bipartito".

Tamén lembrou que a aportación provincial provén dos convenios cos concellos pactados polo PP na Deputación para aprobar as súas contas. "O alcalde non ten o mínimo decoro de citar a quen conseguiu estas cousas", dixo Castiñeira.

Comentarios