A caída dunha árbore cortou o paso ao autobús escolar en Faro, en Viveiro

Outro exemplar obstaculizou o paso nun viario do Pombal, na parroquia de Vieiro
Un miembro de Protección Civil. AEP
photo_camera Un miembro de Protección Civil. AEP

A caída dunha árbore en Faro obrigou a dar a volta ao autobús escolar na mañá deste luns. Ocorreu cara ás oito e cuarto da mañá na pista que conecta Aldea e Faro nesta última parroquia do municipio vivariense.

Protección Civil de Viveiro cortou o exemplar e deixou expedita a vía pola que circulaban os turismos, igual que fixo con outro sobre o que lles avisaron algo antes das cinco da tarde e que cortaba o acceso ao Pombal, na parroquia de Vieiro. Ao ser estreita a vía obstaculizaba o tránsito.

Comentarios