Detidos na Coruña e Biscaia dous membros dunha banda por varios roubos en Ribadeo

Dúas persoas que se supoñen integrantes dunha organización delituosa especializada no furto no interior de establecementos comerciais caeron en Ribadeo tras un roubo cometido recentemente na localidade, onde se ten constatado que dous homes subtraeron diversos produtos de alimentación, que tiñan un importe de 230 euros.

A investigación leva aos axentes da Garda Civil a dar con dúas persoas, ás que se imputa en calidade de investigados. Trátase dun veciño de Getxo (Biscaia), de 35 anos de idade, e doutro home de 52, con domicilio na Coruña.

A ambos, que xa pasaron a disposición xudicial, acúsaselles de ser os supostos autores de dous delito de furto, xa que ao de Ribadeo achácaselles outro, nun lugar que non transcendeu, no mes de marzo co "mesmo modus operandi".

Sospéitase que os dous investigados forman parte dunha banda itinerante que cometía estes roubos, sen unha elevada contía, sempre polo mesmo método.