Cae o número de casos activos en Burela o día en que se abre o municipio

Nestes momentos seguen confinadas unhas 190 persoas que teñen que pasar o período de corentena
Bañistas en la playa de O Portelo en Burela. J.M. ÁLVEZ
photo_camera Bañistas na praia do Portelo en Burela. J.M. ÁLVEZ
O alcalde de Burela, Alfredo Llano, confirmou este xoves que o foco de coronavirus detectado no seu municipio evolucionou "moi ben" nas últimas horas, de modo que o número de casos activos esborrallouse ata os 24, logo de baixar 17 en tan só unha xornada.

Llano confirmou que nestes momentos seguen confinadas unhas 190 persoas que teñen que pasar o período de corentena, pero subliñou o esforzo realizado pola poboación de Burela para chegar a esta situación, xusto no día no que o municipio quedou de novo aberto ao exterior, de acordo co criterio do comité clínico convocado pola Consellería de Sanidade.

En todo caso, recordou que neste momento o importante "é non relaxarse" e cumprir de forma escrupulosa "as normas" e indicacións das autoridades sanitarias, porque estamos a falar dunha "situación moi sensible que, en calquera momento, pode volver torcerse".

Nese sentido, Llano insistiu en que "as cousas van ben", pero recordou que é "fundamental manter a responsabilidade" persoal para evitar contagios.

"Temos que ser positivos, pero con coidado", dixo Llano, quen opina que se se mantén a responsabilidade por parte de todos, "rapidamente" o municipio chegará "a cero casos activos"

Comentarios