Caballero insiste na importancia da cooperación para afrontar a crise de Alcoa

Por outra banda, volveu a defender que "todos os socialistas galegos" consideran que "hai que circular polas autovías sen peaxes"
Gonzalo Caballero durante la rueda de prensa ofrecida en Santiago. EFE
photo_camera Gonzalo Caballero. EFE

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, volveu a apelar " cooperación" entre "todas as administracións" para facilitar así a venda da factoría de Alcoa en San Cibrao.

Díxoo, en declaracións aos medios, durante a súa visita este martes a Lugo, onde Caballero puxo o acento en que "o proceso de Alcoa ten que manter toda a cooperación entre todas as administracións para conseguir que se produza unha venda, que posibilite o mantemento da actividade industrial e o mantemento do emprego".

"Ese é o noso compromiso e eu como secretario xeral do PSdeG vou traballar todo o posible e en todas as direccións para que a Xunta de Galicia tamén se poña a facer política industrial, para que cumpra coa Mariña e con Alcoa e para conseguir que esa venda se poida facer", comprometeuse.

En opinión do líder dos socialistas galegos "o escenario de Alcoa cambiou nos últimos meses de forma importante, posto que hai un ano quería determinar a empresa un determinado despedimento de persoal e a estratexia marcada polo Ministerio de Industria, buscando un gran acordo entre as distintas administracións, provocou que Alcoa tivese que dar marcha atrás".

"Neste momento o que corresponde é darlle impulso e apoio á cidadanía nun momento de tanta crise, e cremos que iso é o que convén"

Gonzalo Caballero apelou a manter "toda a presión porque hai que facer efectiva esa venda". "Hai distintas empresas con proxecto industrial, con traxectoria no sector que están dispostas a adquirir unha planta que ten viabilidade, que ten posibilidade de dar beneficios, que ten proxecto industrial e que é moi importante que siga funcionando na Mariña, porque a queremos en Galicia e porque a queremos no norte de Lugo", remarcou.

PEAXES EN AUTOVÍAS. Por outra banda, cuestionado sobre a aplicación de peaxes nas autovías, Caballero volveu a defender que "todos os socialistas galegos" consideran que "hai que circular polas autovías sen peaxes".

"Neste momento o que corresponde é darlle impulso e apoio á cidadanía nun momento de tanta crise, e cremos que iso é o que convén. A política do Partido Socialista en Galicia é a política que vai baixar as peaxes da autoestrada coas peaxes máis caras que é a AP-9", concluíu.

Comentarios