miércoles. 01.04.2020 |
El tiempo
miércoles. 01.04.2020
El tiempo

Caballero acusa a Feijóo de ser un "incendiario" coa problemática de Alcoa

Gonzalo Caballero e Lara Méndez, este martes en Lugo. PSOE
Gonzalo Caballero e Lara Méndez, este martes en Lugo. PSOE
O secretario xeral do PSdeG considera "unha boa noticia" que exista, por primeira vez, "un estatuto para empresas de consumo electrointensivo"

O secretario xeral do PSdeG e candidato á Presidencia da Xunta, Gonzalo Caballero, acusou este martes ao titular do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóode ser "incendiario, un incendiario político" coa problemática da factoría de Alcoa en San Cibrao. 

Nunha visita a Lugo e acompañado pola alcaldesa da localidade, Lara Méndez, Caballero recordou que durante os "sete anos" que gobernou Mariano Rajoy "non deron ningún avance para que houbese un estatuto para empresas de alto consumo intensivo". 

Tras iso, asegurou que o goberno de Pedro Sánchez "si que está a cumprir" e valorou como "unha boa noticia" que exista, por primeira vez, "un estatuto para empresas de consumo electrointensivo". "E haberá que seguir avanzando en todas as medidas necesarias á beira do goberno e dos traballadores, nestes momentos de incerteza", apuntou. 

Dito isto, acusou a Feijoo de ser "un incendiario, un incendiario político, un incendiario sen responsabilidade ao que non lle importan os traballadores, nin o futuro da industria". "Porque non fixo nada por eles en 11 anos de goberno, nin cando gobernaba Rajoy e o único que vén agora é cun bidón de gasolina intentando prender lume para tensionar", censurou. 

"A estratexia de Feijóo de ser un incendiario déixao sen marxe para ser un presidente da Xunta que poida resolver os problemas reais dos galegos, a favor dos traballadores e sen dúbida negociando e esixindo con lealdade ao goberno de España. Iso ímolo ter que facer un goberno progresista en Galicia", sostivo. 

Caballero acusa a Feijóo de ser un "incendiario" coa problemática...
Comentarios