Un burelense que foi absolto dunha violación esixe a Xustiza que o indemnice

Reclama porque estivo case 17 meses en prisión e perdeu o seu traballo
Maza de un juez. PIXABAY.
photo_camera Maza de un juez. PIXABAY.

Un veciño de Burela que foi absolto de violación presentará unha reclamación de responsabilidade patrimonial contra a administración de Xustiza. Así o anunciou este venres o seu avogado, Rubén Veiga, que explicou que debido a este caso o procesado estivo case 17 meses en prisión e perdeu o seu posto de traballo como mariñeiro.

Esta reclamación presentaraa por mor de que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), por unha banda, desestimou o recurso de apelación que presentou a suposta vítima, ao que se adheriu a Fiscalía, contra a sentenza da Audiencia Provincial de Lugo que absolvía ao procesado de agresión sexual e malos tratos e, por outra banda, decretou o arquivo definitivo da causa.

A expareja deste veciño de Burela denunciou que o 21 de xullo de 2019 acudiu ao seu domicilio a recoller ao fillo que tiñan en común, que pasara o fin de semana co seu pai. Despois pediu axuda a uns veciños porque dicía que o seu ex collera un coitelo, pero non quedou claro se dixo que era para matala a ela ou para acabar el coa súa propia vida.

Cando se acudiron os gardas civís, segundo recolle a sentenza do TSXG, primeiro díxolles que o acusado portaba un coitelo e que intentara propasarse con ela e despois que abusara sexualmente dela.

A Audiencia considerou que o abuso "non se atopa probado" e que ademais no exame ginecológico non se achou "ningún signo de lesión" e apreciouse que "o estado psicolóxico era normal".

O TSXG non atendeu á petición da acusación particular de que se anulase a sentenza absolutoria e que se volvese a celebrar o xuízo. O acusado enfrontábase a 10 anos e 9 meses de prisión.