Burela solicitará un cribado entre os mozos do municipio

O concello mariñán atópase no nivel alto de restricións pola súa situación epidemiolóxica
Personal sanitario realiza un cribado en Lugo. VICTORIA RODRÍGUEZ / ARCHIVO
photo_camera Personal sanitario realiza un cribado. VICTORIA RODRÍGUEZ

O alcalde de Burela, Alfredo Llano, avanzou este mércores que desde o Concello solicitarán ao Sergas un cribado entre os mozos do municipio, do mesmo xeito que os que se van a levar a cabo en Ribadeo, Foz e Viveiro.

"O número de casos en Burela, como no resto da Mariña, é preocupante", asegurou o rexedor, que urxiu a tomar medidas para frear a cadea de contagios.

Llano tamén apelou á "responsabilidade persoal" para evitar que siga subindo a incidencia do virus, "porque esta situación pode condicionar a situación sanitaria e económica".

Burela atópase entre os 29 concellos galegos en nivel alto de restricións.

Comentarios