Burela repetirá as eleccións municipais nunha mesa o 17 de novembro

Tamén se convocaron comicios en 35 municipios españois nos que non se presentou ningún candidato o 26-M

Votantes en Burela. JOSÉ Mª ÁLVEZ
photo_camera Urna electoral. XESÚS PONTE

O Consello de Ministros aprobou este venres o real decreto polo que se convocan as eleccións locais en 35 municipios nos que non se presentou ningún candidato para os comicios do 26 de maio e noutros tres cuxo escrutinio foi anulado por irregularidades. Entre estes últimos está Burela, onde se deberá volver votar nunha mesa. Responde a unha resolución do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, ao estimar o recurso que presentou o partido Burela Sempre por seis votos que foron declarados nulos.

En virtude do real decreto aprobado este venres polo Consello de Ministro, tamén se celebrarán eleccións locais nos municipios de La Granja de la Costera (Valencia) e en Cordobilla de Lácara (Badajoz).

O resto son 31 municipios de Navarra, tres de Burgos e un de Gipuzkoa nos que, segundo a lei electoral, se procede "no prazo de seis meses" á celebración de comicios parciais xa que non se presentaron candidatos.

Comentarios