Burela quere axilizar o proxecto para mellorar a contorna de Capitanía

O alcalde aposta por un convenio con Portos para a zona pública O goberno pretende que a zona estea remodelada este mandato

Alfredo Llano. JOSÉ Mª ÁLVEZ
photo_camera Alfredo Llano. JOSÉ Mª ÁLVEZ

O alcalde de Burela, Alfredo Llano, segue traballando para facer realidade o proxecto para mellorar a contorna do edificio de Capitanía Marítima. Nos próximos días, fixará unha entrevista con Portos para avanzar nun convenio co que se poida arranxar a zona pública.

"Este proxecto é algo que queremos facer xa, polo que queremos abordar o tema con Portos para buscar un convenio que nos permita arranxar a zona pública", explicou este mércores o rexedor, que recordou que o obxectivo co que traballa o goberno é que a zona estea acondicionada antes de que termine este mandato.

"O cambio previsto para esta zona é algo que beneficia ao conxunto do pobo, porque está nunha zona moi transitada e de acceso ás praias", afirma Llano, que engade que "queremos potenciar aquela zona para que sexa un atractivo máis para Burela e a súa mellora é algo do que xa teño falado co presidente de Portos, que tamén comparte connosco que pode ser unha boa idea para a vila".

O proxecto é crear un espazo público, que incluiría unha praza cun parque infantil, ao que se engadirían establecementos privados vinculados á hostalería, ás conservas ou a artesanía.

Comentarios