O Burela FSF medirase ao Normanochka ruso e ao Osijek croata na Champions

A competición disputarase en Lugo entre o 2 e o 5 de decembro e tamén contará co Benfica, o Kharkiv e o Pescara
Dany con el balón en el partido ante el Torreblanca Melilla
photo_camera Dany co balón no partido ante o Torreblanca Melilla. ARQUIVO

Xa se coñece o camiño que terá que sortear o Pescados Rubén Burela FS feminino para alzarse coa Women's European Champions en Lugo, nun torneo internacional que se disputará entre o 2 e 5 de decembro no Pavillón Municipal dos Deportes. Na fase de grupos, o conxunto de Lucas quedou encadrado xunto ao MFK Normanochka ruso e o ZNK Osijek croata.

No outro grupo estará o outro gran favorito á vitoria final, o Benfica portugués, que se medirá ao Club de Fútbol sala Feminino Tesla Kharkiv de Ucraína e ao Fútbol sala Pescara Femminile de Italia.

O xoves día 2 o conxunto laranxa debutará na competición fronte ao ZNK Osijek ás 20.00 horas; antes, ás 17.30 horas, xogaríase outro encontro do outro grupo, que mediría ao Benfica luso e ao Tesla Kharkiv.

A segunda xornada, o día 3 de decembro, xogaríanse os partidos Tesla Kharkiv fronte ao Futsal Pescara Femminile ás 17.30 horas  e o ZNK Osijek ante o MFK Normanochka ás 20.30 horas.

Na terceira xornada, o conxunto mariñán xogará fronte ao ruso, en principio ás 18.30 horas, mentres que o Benfica farao ante o Fútbol sala Pescase ás 16.15 horas. 

Os campións dos dous grupos xogarán a gran final, que está prevista para o domingo ás 12.30 horas. Os gañadores dos partidos en tempo regulamentario sumarán tres puntos, e en caso de empate irase aos penaltis; a vitoria nos penaltis sumará dous puntos ao vencedor e un punto ao conxunto derrotado.

Comentarios