O Burela FS arrincará a competición o 14 de setembro en Vista Alegre

Será en Vista Alegre ante a Santa Coloma

Calendario del Burela FS para la temporada 19/20. Burela FS
photo_camera Calendario do Burela FS para a tempada 19/20. Burela FS

O Pescados Rubén Burela FS masculino xa coñece o calendario que terá que afrontar no seu regreso a Primeira División. O conxunto laranxa comezará a liga o 14 de setembro recibindo ao Industrias Santa Coloma, mentres que despedirá o curso o 2 de maio do 2020 visitando ao Jimbee Cartagena

ANSIADA SEGUNDA VOLTA. Os partidos máis esperados pola inchada burelista disputaranse todos na segunda volta, cando pasarán polo pavillón de Vista Alegre os tres grandes do fútbol sala español e O Parrulo Ferrol, o outro conxunto galego da categoría.

O Movistar Inter de Ricardinho visitará Burela na xornada 19, o 25 de xaneiro, mentres que tres semanas máis tarde -15 de febreiro- farao Elpozo de Murcia. O duelo ante o FC Barcelona, vixente campión de Liga e da Copa de España, chegará na vixésimo terceira xornada, o 29 de febreiro, e o derbi irmandiño disputarase na Mariña o 21 de marzo, nun duelo correspondente á vixésimo quinta xornada.

Comentarios