O Burela espera rival para a final en Málaga

As laranxas pasan directamente ao último partido do play-off tras renunciar o Futsi
Camila Gadeia. BURELA FS
photo_camera Camila Gadeia. BURELA FS

O Burela Pescados Rubén FSF xa coñece o cadro de play-off polo que se decidirá o campión da Primeira División de Fútbol sala, que se disputará en Málaga.

O formato clasifica directamente ao equipo burelense á final despois de que o Futsi, líder na táboa renunciase a seguir na competición. Coñecerá o seu rival o 26 de xuño, que sairá do vencedor do choque que enfrontará ao Ourense co Alcorcón, terceiro e cuarto clasificados, respectivamente.

A final xogarase o 28 deste mes, aínda que polo momento non se fixou a hora na que se diputará ningún dos dous choques.

Máis en A Mariña
Comentarios