Burela busca coa súa asistencia a Fitur mellorar a súa proxección turística

O concelleiro de turismo mantivo un encontro cunha empresa de aplicacións informáticas vinculadas ao sector
burelainternet
photo_camera Fernández Rey (segundo pola esquerda) con empresarios bureleses en Fitur. EP

O concelleiro de turismo de Burela, Ramiro Fernández Rey, asiste estes días á Feira Internacional de Turismo, Fitur, en Madrid co obxectivo de seguir mellorando a posición do municipio no ámbito turístico. Para iso, o edil ten previstos distintos contactos e xa mantivo un encontro cunha empresa de aplicacións informáticas aplicadas ao sector. "Foi unha primeira toma de contacto e imos seguir falando para ver poder chegar a algún acordo", explicou. 

Fernández Rey, que este mércores estivo acompañado no recinto por varios empresarios burelenses, tamén asistiu ao acto co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, e no seu plan de traballo figura asistir ás distintas presentacións previstas, como a do plan de sustentabilidade turística da Mariña este venres. 

"O ambiente é moi bo, con moita presenza de xente", asegurou. "Este ano non ten nada que ver co anterior e esperamos que sexa moi positivo para Burela, que é o que represento eu, e para o conxunto da Mariña porque iso é bo para todos os que formamos parte desta comarca".

Comentarios