Burela desaconsella o baño nas praias de Ril e Cantiño por contaminación fecal

Os servizos municipais realizarán unha avaliación da situación para tratar de identificar as causas
Uno de los arenales afectados (Playa de Ril, Burela). AEP
photo_camera Praia de Ril. AMA

A delegación de medio ambiente de Burela aconsella aos usuarios das praias de Ril e O Cantiño non bañarse nas súas augas de xeito provisional tras detectar contaminación fecal. A Consellería de Sanidade informou dunha situación temporal de contaminación microbiolóxica por enterococos intestinais e escherichia coli, polo que desde o Concello recomendan non bañarse ata que a incidencia se solvente.

Os servizos municipais realizarán unha avaliación da situación para tratar de identificar as causas que orixinaron esta situación e coñecer se deriva de escorrentías producidas polas abundantes choivas dos últimos días ou cal é o motivo.

O Concello anuncia que se porán en marcha as medidas precisas para eliminar ou reducir ao mínimo esta contaminación e que unha vez solucionada comunicarano de novo sinalando a posibilidade de bañarse como os novos resultados sobre a calidade das augas de baño que ofreza Sanidade.

Ademais apuntan que a cualificación da auga de baño das praias da Marosa, O Portelo e Cabaliño é excelente, segundo os datos das últimas analíticas realizadas, polo que non presenta ningún risco para a saúde humana.

Comentarios