Burela acolle a primeira poxa da costeira do bonito

O bonitero de Bermeo Almikeko Ama descargou en Burela 11.000 quilos de bonito
photo_camera El bonitero bermeano Almikeko Ama ha vendido este lunes los primeros bonitos de la costera en Burela.

O bonitero bermeano Almikeko Ama vendeu este luns os primeiros bonitos da costeira en Burela. Descargou en Absa 11.000 quilos de bo tamaño e os mellores exemplares pagáronse en lonxa a máis de once euros.

O patrón do pesqueiro, Yosu Ventades, dixo que partiran o pasado día 9 para esta primeira marea e espera unha boa costeira tras a "desastrosa" campaña do verdel, na que os barcos do anzol apenas pescaron.

Van varios anos malos para esta arte, algo que atribúen a que "no mar do Norte os arrastreiros peláxicos están a darlle moi duro e aquí apenas chega caballa para nós".

"Teñen copadas dun millón de quilos", alertou o patrón do barco bermeano sobre os barcos factoría de porte similar aos grandes atuneiros. O seu pequeno barco de cacea, en cambio, ten na cabala e o bonito dúas campañas craves para defender o ano, co método artesanal.

Comentarios