Burela acolle un grupo de refuxiados de Ucraína

Son sete mulleres, catro adolescentes e un neno que chegaron á localidade o mércores
Vista de Burela. J.Mª ÁLVEZ
photo_camera Vista de Burela. J.Mª ÁLVEZ

Un grupo de refuxiados de Ucraína, integrado por sete mulleres, catro adolescentes e un neno chegou a Burela o mércores logo de varios días de viaxe escapando da guerra. Polo momento están aloxados nun hotel da localidade e son o Concello e a Cruz Vermella os que están a coordinar toda a atención e a axuda que necesiten. 

Tamén algunhas entidades privadas han mostrado xa a súa vontade de colaborar coa súa atención e xa están en marcha algunhas campañas de recollida de roupa, alimentos e artigos de aseo persoal e hixiene. 

Comentarios