lunes. 03.08.2020 |
El tiempo
lunes. 03.08.2020
El tiempo

Bruno Pena optará ao título do concurso internacional con ibérico en Salamanca

Pena serve a un cliente. AMA.
Pena serve a un cliente. AMA.
O xefe de cociña do hotel Oca Praia de Foz superou a fase inicial e competirá con sete rivais o día 20 deste mes

A cociña mariñá recibe un novo recoñecemento coa clasificación do xefe de cociña do Oca Praia de Foz, Bruno Pena, á semifinal do terceiro concurso internacional de cociña con ibérico. Os cociñeiros que accederon a esta segunda fase prepararán as súas receitas para ser avaliados o día 20 deste mes, ás 10.00 horas, por un xurado formado por cociñeiros e xornalistas gastronómicos de recoñecido prestixio nacional e internacional. A fase final terá lugar na Casa da Terra, en Salamanca, onde o jugrado realizará unha cata cega.

Pena competirá con outros 7 cociñeiros de toda a xeografía nacional polo primeiro premio deste concurso organizado polo Concello de Salamanca e o portal gastronómico Gastroactitud. O premio para o gañador será de 5.000 euros, mentres que o segundo clasificado recibirá 2.000 euros.

Bruno Pena incorporouse ao hotel Oca o ano pasado e é ademais o presidente da recentemente conformada Asociación Provincial de Cociñeiros de Lugo que pretende "precisamente enxalzar os produtos locais, coidar a cociña tradicional e creativa e promover a cultura gastronómica", segundo explica a directora do OCA Praia de Foz, Ana Lago, que destaca que coa chegada de Bruno Pena a Foz "continuamos na liña da cadea de apostar por ofrecer ao cliente experiencias, neste caso gastronómicas", afirmou.

Tamén desde OCA Hotels, o director de Alimentos e Bebidas, Pablo Vila, considera "un orgullo" a presenza de Pena entre os aspirantes ao triunfo nun certame tan prestixioso. "Que o noso equipo destaque polo seu bo facer é moi importante, en todos os nosos establecementos pomos moitísimo coidado na selección do produto e buscamos provedores locais para que os nosos equipos de cociña e sala poñan en valor a orixe, en todos os destinos onde se sitúan os nosos hoteis", asegurou o responsable de Oca.

Bruno Pena optará ao título do concurso internacional con ibérico...
comentarios