'De bruma e salitre', mellor videoclip en Ourense Film

O curto da banda Mileth, rodado na Mariña, fíxose co premio no festival que recoñecía por vez primeira esta categoría
Momento del rodaje de 'De Bruma e Salitre'. AMA
photo_camera Momento da rodaxe de 'De Bruma e Salitre'. AMA

 O videoclip De bruma e salitre, do grupo Mileth, foi premiada na vixésimo novena edición do Ourense Filme Festival. é o primeiro ano que o certame recoñece esta disciplina.

A peza audiovisual foi dirixida por Xaime Miranda, que contou cun equipo formado polo director de fotografía Iago Vilarinho e a asistente de produción Maite Señoráns. "No equipo de produción estamos moi contentos" sinalou Miranda, xa que se trata dun festival que "leva moitos anos e está moi establecido". Engadiu que para el é de especial orgullo este recoñecemento ao ser a primeira vez que se premia no certame á categoría de videoclip.

Os escenarios foron integramente na Mariña –hai imagénes de Barreiros, Mondoñedo, Burela, Cervo e O Valadouro– porque na comarca atopaban os elementos xeográficos que necesitaban, como o mar ou a montaña. "É unha zona con moitos recursos", destacou Miranda. Con todo, a elección tamén partiu de dous integrantes do grupo Mileth, que insistiron en escoller a comarca mariñá ao ser naturais do Valadouro.

En canto aos personaxes que aparecen no vídeo, Miranda asegurou que, ademais dos integrantes do grupo Mileth, apoiáronse en familiares e veciños. Para as cantareiras que aparecen nas imaxes en De bruma e salitre escolleron a unhas burelenses "porque sabían cantar", comenta o director, aínda que non son as mesmas que se poden escoitar no disco.

RECOÑECEMENTOS. Este galardón non é o primeiro recoñecemento que recibe De bruma e salitre, posto que en maio pasado fíxose co premio a mellor videoclip no Festival Internacional de Cine de Vigo.

Os recoñecementos poden que non terminen aquí para este videoclip. Para o mes de novembro conta co nomeamento para o festival de curtametraxes na localidade pontevedresa de Poio, Curtas Aramandiña.

Comentarios