As brigadas seguen refrescando para extinguir o incendio de Bravos

Incendio en Bravos, Ourol
photo_camera Incendio en Bravos, Ourol. EP

Varias brigadas continúan este luns refrescando e tratando de sufocar por completo o incendio forestal orixinado nunha zona de monte raso do lugar de Rego da Ponte, na parroquia de Bravos, en Ourol.

O lume está controlado, indican desde a Consellería de Medio Rural, que mobilizou dez brigadas, oito motobombas, cinco axentes e un técnico para apagar o incendio, que quedou controlado pasadas as dúas e media da madrugada, pero aínda non está extinguido, segundo precisan.

Os servizos do distrito forestal de Viveiro indicaron que arderon unhas 7,82 hectáreas de terreo, na súa maioría monte raso.

Comentarios