A Bonoloto deixa un premio de 631.878 euros en Foz

O boleto agraciado selouse no despacho situado na Avenida da Mariña número 32
Administración situada en la Avenida da Mariña de Foz. GOOGLE MAPS
photo_camera Administración situada en la Avenida da Mariña de Foz. GOOGLE MAPS

O sorteo da Bonoloto deste xoves sorriu á provincia de Lugo cun premio de 631.878 euros. O boleto agraciado selouse en Foz, en concreto, no despacho receptor situado no número 32 da Avenida da Mariña.

Esta cuantiosa suma obtense como gañador de 1ª categoría, é dicir, con seis acuertos. A combinación gañadora estivo formada polos números 1, 10, 16, 24, 26 e 30. O número complementario é o 12 e o reintegro, o 8.

O de Foz non é o único acertante de primeira, tamén houbo outro boleto premiado que se selou na Administración de Loterías Nº 1 do Vendrell (Tarragona), dotado con outros 613.878 euros.

De Segunda Categoría hai catro boletos premiados con 45.209 euros, que foron validados en Viso del Marqués (Cidade Real), en Parla (Madrid), en Basauri (Biscaia) e en Tarifa Alta (As Palmas).

Comentarios