Os bombeiros de Viveiro apagan un lume en cartóns e caixas de madeira en Covas

Os bombeiros do parque comarcal de Viveiro acudiron este luns pola tarde ata Covas para sufocar o lume orixinado nuns cartóns e caixas de madeira, segundo indicaron desde o 112 Galicia.

A Policía Local solicitou a súa presenza debido a que un veciño alertou de que vía saír fume do  tellado dunha casa na zona de Suasbarras, pero finalmente non era así.

Comentarios