Os bombeiros liberan a unha persoa que quedou atrapada no seu vehículo en Barreiros 

O suceso tivo lugar na estrada que une Barreiros coa Praia de Altar
abbde7b2-0c27-4dd9-aa05-461d24a82fc9
photo_camera Momento da intervención dos bombeiros

Os Bombeiros de Barreiros tiveron que liberar este martes a unha persoa que quedara atrapada no seu vehículo tras sufrir un accidente de tráfico neste municipio mariñán.

Segundo a información do CIAE 112 Galicia, o suceso tivo lugar sobre as 14.15 horas na estrada que une Barreiros coa Praia de Altar.

Ata a zona, ademais dos Bombeiros, desprazáronse efectivos da Garda Civil de Tráfico e persoal sanitario do 061, que trasladou ao ferido en ambulancia ao Hospital da Mariña.

Máis en A Mariña
Comentarios