miércoles. 08.04.2020 |
El tiempo
miércoles. 08.04.2020
El tiempo

Os bombeiros de Barreiros rescatan un gato empolicado a un poste da luz en Foz

Os bombeiros do parque comarcal de Barreiros rescataron cara ás sete da tarde deste mércores un gato que se empolicou nun poste da luz en Mañente (Foz).

O gato subido ao poste en Foz. EPUn particular avisou ás seis e cuarto da tarde a Protección Civil de Foz, que ao non poder alcanzar o animal alertou ao 112, que se encargou de mobilizar os bombeiros.

Estes profesionais empregaron unha autoescala para alcanzar o gato a fin de axudalo a baixar do poste ao que se subiu, do que descendeu practicamente nada máis facerse con el os bombeiros.

Os bombeiros de Barreiros rescatan un gato empolicado a un poste da...