Os bombeiros acoden a unha vivenda na Senra afectada por unha intensa fumareda

O fume xerouse na cheminea

Efectivos do GES de Cervo e unha dotación dos bombeiros de Viveiro acudiron a unha vivenda da parroquia da Senra debido á intensa fumareda xerada nunha cheminea.

Os feitos ocorreron ao redor das 20.30 horas. A vivenda viuse afectada polo intenso fume que se propagou por toda a casa.

Os moradores da casa saíron polo seu propio pé e sen danos.

Os efectivos encargábanse a última hora ventilar a casa.