O BNG volve presentarse en Alfoz con Lorenzo Gómez como cabeza de lista

A formación aposta polo potencial agrario e tamén polo forestal do municipio

AAAA
photo_camera Lorenzo Gómez. AMA

O BNG busca volver entrar con forza na corporación municipal de Alfoz e para iso presenta unha candidatura encabezada por Lorenzo Gómez Dourado, traballador forestal de 31 anos e veciño da parroquia de Carballido. "É necesario apostar polo noso potencial agrario e tamén polo forestal, dúas fontes de riqueza moi importantes no noso concello, ademais das moitas posibilidades que temos a nivel turístico", afirma Gómez Dourado. 

Ao cabeza de lista acompáñano Paula Ferreiro Pena, Diego Lorenzo da Conceiçao, Aladino Barreira Chao, Ana Vanesa Dorado Castro, Xosé Anxo Fernández López, Jaime Díaz Maseda, María Celia Fraga Goás e Enrique Salvador Fraga Calvo. 

Comentarios