O BNG de Viveiro denuncia a carretaxe de anciáns da residencia Betania o 12-X

Míriam Bermúdez, portavoz do BNG en Viveiro, deixou contancia do acontecido na acta de sesión da mesa onde actuou como apoderada
oppo_0
photo_camera Acta da sesión onde se reflexa a denuncia de Míriam Bermúdez

A portavoz do BNG viveirense, Míriam Bermúdez, denunciou na mesa electoral onde estaba de apoderada o pasado 12 de xullo o traslado de persoas maiores da residencia Betania de Viveiro, en pleno confinamento Mariñán e coa entrega do sobre en man, ata o lugar onde poder votar. "A primeira hora da mañá, chegou unha furgoneta do xeriátrico Betania", afirma Bermúdez, "onde nada máis baixar as e os anciáns da furgoneta a persoa que os acompañada, fíxolles entrega do sobre".

A través dun comunicado, o BNG lembra que en Betania -como no resto de residencias da Mariña-, permanecían prohibidas as visitas debidos ao rebrotes activos de coronavirus producidos na Mariña. "Existe un instrumento legal de votación que garante o 100% o perigo de contaxio da Covid nos residentes, que é o voto por correo, o cal non para que solicitaran. É incríbel como se nega a visita de familiares na propia residencia como medida de protección fronte aos contaxios, mais logo é a propia xerencia quen os leva a votar", sinala Míriam Bermúdez

A mesa electoral en cuestión foi una das situadas na Sala Multiusos do Concello de Viveiro, onde tamén estaban presentes interventorxs e apoderadxs doutros partidos que permaneceron  pasivos aos feitos, según apunta o BNG. Míriam Bermúdez deixou contancia do acontecido na acta de sesión, polo que queda presentada a denuncia na Xunta Electoral de forma automática.

O BNG destaca tamén que a Residencia Betania é unha das residencias pertencentes á  congregación relixiosa Las Hermanitas de los Ancianos Desamparados que, ademais de en Viveiro,  tivo outras tres  denuncias polas mesmas prácticas noutras residencias este 12 de xulio, como son as residencias de Verín, Ourense e Pontevedra.

Comentarios