O BNG suspende a súa campaña en A Mariña polo rebrote de coronavirus

Pontón pregúntase "onde está o protocolo da Xunta"
Caballero y Pontón. EP
photo_camera Olalla Rodil. BNG

O BNG anunciou que suspende a súa campaña na Mariña. Dixérono este venres tanto a súa portavoz nacional e candidata á Presidencia da Xunta, Ana Pontón, como a deputada Olalla Rodil na súa visita ao hospital de Burela. 

A formación nacionalista cancelou todos os actos públicos de campaña en A Mariña ante o rebrote de coronavirus rexistrado na zona. 

Avanzouno nun acto na Coruña, no que preguntou ao presidente da Xunta e candidato popular, Alberto Núñez Feijóo, "onde está o protocolo do Goberno da Xunta para afrontar un rebrote que está a ser moi importante". 

"Onde está o plan do Goberno ante un rebrote da pandemia na Mariña, cando estamos a falar dunha cuestión de saúde dos galegos", cuestionou Ana Pontón, quen dixo que "tivo catro meses para facelo". 

A líder nacionalista tamén envía unha mensaxe de ánimo, "tranquilidade e de confianza" ás persoas afectadas polo novo coronavirus na Mariña. 

Galicia en Común-Anova Mareas anunciou este xoves que suspendía o mitin que tiña previsto en Ribadeo e un acto con Xosé Manuel Beiras, este fin de semana, en Viveiro. 

Comentarios