O BNG propón solicitar á Xunta a medicalización do albergue de Area

A medida ten como finalidade que se poida atender ao gran número de afectados que se prevé para os próximos días
Generated by  IJG JPEG Library
Generated by  IJG JPEG Library
AppleMark
photo_camera Albergue xuvenil de Area. AMA

O BNG de Viveiro proporá na reunión que está previsto celebrar hoxe no consistorio vivariense que se solicite á Xunta de Galicia a medicalización do albergue de Area co propósito de atender ao gran número de afectados polo COVID-19 que está previsto que aumente nos próximos días e semanas.

A proposta da formación vivariense prodúcese tras as manifestacións realizadas este xoves polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, referidas á intención de medicalizar os hoteis en caso de ser necesario. O Bloque considera como alternativa viable en Viveiro a habilitación para atención a enfermos do albergue de Area, de titularidade autonómica, no caso de que a súa preparación sexa posible.

O Bloque tamén exporá a creación dunha comisión técnica para o estudo dunha posible moratoria do pago dos impostos locais que vencerán proximamente aos autónomos e veciños máis castigados pola actual crise sanitaria ou ben a devolución ou paralización das cotas pagadas por estes, sobre todo daqueles servizos municipais que non poden prestarse debido a estas circunstancias, como é o caso da piscina municipal.

Os nacionalistas solicitarán así mesmo ao goberno local que reclame información ás residencias Betania e Domus Vin sobre as medidas de prevención que puxeron en marcha para que os usuarios e os traballadores das mesmas poidan afrontar esta situación con garantías de seguridade, ademais de demandarlles detalles sobre os procedementos de actuación que devanditos centros teñen planificado aplicar no caso de que se produza un primeiro caso de infección que afecte a algún dos seus residentes.

O BNG vivariense porá sobre a mesa estas propostas durante a reunión prevista para hoxe cos portavoces na sala de plenos do concello, na que tamén está prevista a participación da secretaria municipal, o xefe da Policía Local e o responsable de strong <>Protección, para realizar un balance das medidas adoptadas respecto das urxencias sanitaria e o estado de alarma en que está sumido o país.

Comentarios