O BNG chama a aumentar "a presión social e política" para a intervención de Alcoa

Considera inadmisible o "paso atrás" dado polo Goberno ao anunciar que a Sepi manterase á marxe

 

Movilización de los trabajadores de Alcoa. JM ALVEZ
photo_camera Manifestación de traballadores de Alcoa. EFE

O grupo provincial do BNG anunciou que levará ao próximo pleno da Deputación de Lugo a proposta que o comité de empresa de Alcoa San Cibrao fíxolles chegar aos grupos políticos para reclamarlle ao Goberno de España a intervención pública da fábrica de aluminio, porque á vista das últimas noticias hai que "aumentar a presión social e política". Esta decisión por parte dos nacionalistas fíxose pública despois de que o propio Goberno confirmase este xoves, na reunión da mesa de seguimento das negociacións para a venda da fábrica, que a Sepi non intervirá na operación

O portavoz nacionalista, Efrén Castro, explicou que o BNG levará ao pleno provincial "a demanda que nos trasladou o comité de empresa e que, nas últimas xornadas, está a presentar nos plenos municipais dos concellos da Mariña". Desde o seu punto de vista, "as últimas noticias sobre o proceso de venda da fábrica, coa negativa do Goberno a intervir directamente, esixen aumentar a presión social e política". De feito, opina que "logo de meses de incerteza e sen avances, este paso atrás é inadmisible".

A moción que defenderá o BNG, aclara Castro, defenderá "a literalidad da proposta que o comité de empresa fíxolles chegar aos grupos provinciais". é unha iniciativa que lle esixe "ao Ministerio de Industria e á Sepi a intervención da fábrica de aluminio de San Cibrao nun acto único, que levaría á compra e á venda da factoría".

Dese modo, precisou, cumpriríase "o mandato do Congreso dos Deputados e do Parlamento de Galicia", dado que ambas as cámaras aprobaron "no seu día a intervención pública temporal, para a súa posterior venda a un terceiro". 

Comentarios