O BNG de Burela volve apostar por Pillado e González Fraga

Candidatura del BNG de Burela. AMA
photo_camera Candidatura do BNG de Burela. AMA

O BNG de Burela volve apostar para os dous primeiros postos da súa candidatura ás eleccións de maio por Mario Pillado e Doretea González Fraga, actuais concelleiros da formación. "Durante estes catro anos trasladaron ao pleno numerosas iniciativas do BNG e levaron a cabo un intenso traballo de oposición ao goberno do PSOE", subliñan.

A lista leva integrantes da candidatura de 2015, aínda que con cambios nos postos. Así, volven estar Silvino Oroza, Ana Amat Casariego, Dores López Costa, Roberto Bouza Orosa, Rosa Ana Pousada Expósito, Adolfo Corral Calviño, Belén Quintela Yáñez, Senín Díaz Mon e José Mon Otero.

A eles hai que sumar as novidades. Anxo Valle Ares, traballador do servizo de inspección técnica de vehículos; Víctor Cabarcos Val, estudante dun ciclo de enerxías renovables; Ángela Íñigo González, titulada en Educación Infantil; Adrián Piñón Domínguez, administrativo e secretario do Foro Económico da Mariña, e María Antonia Oroza Fernández, empregada no coidado de persoas maiores e vinculada ao asociacionismo de carácter asistencial.

"Valoramos moi positivamente o traballo feito polo equipo que formamos hai catro anos", asegurou Pillado e engadiu que as novas incorporacións "achegan frescura e novas ideas e estou convencido de que se vai traducir nun incremento de apoios ao BNG con claras opcións de goberno e que nos van permitir seguir defendendo os intereses de toda a veciñanza de Burela".

Comentarios