jueves. 27.02.2020 |
El tiempo
jueves. 27.02.2020
El tiempo

O BNG advirte de que en Burela pode darse desde agora "calquera situación"

Mario Pillado (de pé), na sesión de investidura do alcalde de Burela. JOSÉ Mª ÁLVEZ
Mario Pillado (de pé), na sesión de investidura do alcalde de Burela. JOSÉ Mª ÁLVEZ
Os nacionalistas aseguran que cederon en todas as súas pretensións pero din que desde o PSOE sempre entendían que non era suficiente

O Bloque Nacionalista Galego no municipio de Burela advertiu de que unha vez que non chegaron a un acordo co PSOE de Alfredo Llano para entrar a formar parte do goberno municipal de forma conxunta a partir de agora "pode darse calquera tipo de situación", apuntando así de forma críptica a que non hai que dar nada por sentado e Mario Pillado expono de forma algo máis clara ao avanzar que "xa neste vindeiro pleno poderase ver como se desenvolve cada grupo nesta nova situación".

Refírese ao pleno de organización que se celebrará a semana que vén no que finalmente se constatará que o PSOE terá que gobernar en minoría.

A pesar das afirmacións de Alfredo Llano nas que asegurou ter a impresión de que o Bloque nunca quixo formar parte dun goberno de coalición, Mario Pillado négao e asegura que foi a súa formación a que foi expoñendo distintos escenarios que sempre rexeitou o PSOE e a pesar de que ían cedendo ou modificando as súas posturas "para os socialistas nunca era dabondo e rexeitaban as nosas propostas".

Por iso o portavoz nacionalista di que "non atopamos o nivel de confianza necesario para chegar a un acordo e desenvolver un proxecto político para a nosa vila a longo prazo, por iso cremos que o mellor é que sigamos traballando pola veciñanza na oposición".

Pillado describiu que primeiro "cedemos na nosa proposta de áreas de goberno que críamos que debiamos xestionar", logo "flexibilizamos a nosa postura rebaixando as nosas pretensións en canto ás dedicacións" e "rebaixamos tamén en canto á representatividade na xunta de goberno local", pero tampouco así atoparon boa disposición do PSOE.

O BNG advirte de que en Burela pode darse desde agora "calquera...
Comentarios