Adrián Ben asina centos de autógrafos tras unha recepción en Viveiro

O atleta encargarase de realizar o saque de honra do partido que enfronta este domingo ao CD Lugo co Real Zaragoza
Adrián Ben firma autógrafos en Viveiro. J.Mª ÁLVEZ
photo_camera Adrián Ben firma autógrafos en Viveiro. J.Mª ÁLVEZ

Decenas de nenos esperaban fóra, na Praza Maior de Viveiro, a que Adrián Ben asináselles unhas papeletas que o Concello de Viveiro preparara para a ocasión. E a man debeulle quedar dolorida ao atleta vivariense, quinto nos 800 metros nos Xogos Olímpicos de Tokio, xa que eran moitísimos os que se achegaron a ver ao seu ídolo.

Antes, no salón multiusos, o Concello de Viveiro celebrou unha recepción ao deportista vivariense. A alcaldesa, María Loureiro, ademais de destacar os seus excelentes resultados deportivos, tamén quixo incidir noutro aspecto. "Debo decirche que non foron vos teus grandes éxitos deportivos do que máis se falou, se non de como sempre falas con orgullo de Viveiro, dás túas orixes, do lugar do que saíches cando aínda eras máis novo que agora para cumprir vos teus sonos", comentou.

ENTREVISTA a Adrián Ben: "Estou contento porque puiden demostrar que o do Mundial non fora sorte"<>

Adrián Ben, na súa alocución, quixo mandar unha mensaxe de ánimo os traballadores de Vestas: "Dáme moita pena esta situación e mándovos todo o ánimo do mundo e oxalá non perdades o voso traballo", dixo. A continuación, sinalou que "para min, non só os bos resultados, senón ver todo o apoio que recibo faime seguir traballando e superándome", comentou. Ben recibiu un cadro coa porta de Carlos V como detalle conmemorativo e unha cesta con produtos típicos.

SAQUE DE HONRA NO ÁNGEL CARRO. O CD Lugo anunciou que Adrián Ben encargarase de realizar o saque de honra no partido deste domingo no Ángel Carro que enfrontará aos lucenses contra o Real Zaragoza ás 20.15 horas. Trátase dun recoñecemento do club por levar á provincia "todo o alto" coa súa participación en Tokio 2020.

Comentarios