sábado. 06.06.2020 |
El tiempo
sábado. 06.06.2020
El tiempo

As belezas do motor toman Barreiros coa Concentración Retroclásicos

Imaxe da concentración. AMA
Imaxe da concentración. AMA

 A segunda edición da concentración de coches históricos reuniu a máis de 70 vehículos de catro e dúas rodas Os participantes, moitos vindos desde asturias e o interior da provincia, realizaron unha ruta pola antiga estrada das praias
 

Máis de 110 participantes déronse cita este domingo na segunda edición da Concentración Retroclásicos de coches e motos históricas que tivo lugar en Barreiros. Os asistentes trasladaron máis de 70 vehículos ata o muncipio mariñán nunha xornada de confraternidade co aliciente dunha paixón común.

A praia de San Bartolo foi o lugar escollido para realizar a recepción de automóbiles, moitos deles chegados desde Asturias, aínda que tamén do interior da provincia e do Bierzo. "Tivemos xente de moitas partes, de Xixón, Melide, Pas, Lugo... Estamos moi satisfeitos porque é só a segunda edición e a resposta foi moi boa", sinalou Pedro Villar, un dos organizadores do evento xunto a Diego Vizoso.

 Púidose gozar de auténticas reliquias da automoción americana, como Pontiac, Buick ou Chevrolet dos 70 e 80. Chamou moito a atención un PTV do 55. Un coche pequeno, baixo e de estética coidada que utiliza un motor de moto

Os participantes mostraron con orgullo os seus vehículos, ataviados coas mellores galas para que o encontro tivese aínda maior estética clásica. A maioría dos coches e motos participantes teñen máis de 50 anos de antigüidade, pero demostran estar en plena forma, como deixa claro o son nítido dos seus motores, froito do gran coidado que lle procesan os seus donos. Un dos vehículos que máis expectación levantou foi un PTV do 55, un coche pequeno con motor de moto e unha estética moi elegante. En todo caso, os que levaron a palma foron "os coches americanos, como Pontiac, Buick ou Chevrolet, porque teñen unha liñas moi bonitas e chaman moito a atención. Aquí tivemos varios dous anos 70 e 80", explicaron desde a organización. En motos, a Sanglas 400 foi a raíña indiscutible.

A xornada completouse cunha comida de confraternidade no restaurante Yenka e unha ruta pola antiga estrada das praias ata As Catedrais, con volta a San Bartolo, onde se procedeu á entrega de premios.

SATISFACCIÓN. Desde a organización mostráronse moi satisfeitos por como transcorreu a proba e esperan que esta se converta nun clásico do verán "e poder ter máis xente e máis coches o ano que ven. Grazas a colaboradores, como Chatarras e Metais Jorge ou PVI Seguros foi posible este evento", sinalaron.

Regreso
Animada ruta de volta a Asturias, tras a xornada
 
Sen dúbida unha das imaxes desta concentración de vehículos clásicos estivo tamén na súa despedida, xa que foron moitos os que decidiron emprender ruta de volta a asturias de forma conxunta. Foron moitos os curiosos que quedaron sorprendidos ao ver pasar a tanto coche antigo, polo que o camiño de volta foi tranquilo e con varias paradas. O importante era chegar e aproveitar ao máximo as últimas rabexadas dun día para o recordo.

Éxito
A xornada foi todo un éxito, como demostra o feito de que se chegou á cota máxima de vehículos previsto

As belezas do motor toman Barreiros coa Concentración Retroclásicos
comentarios