Bea Mateos: "Temos un equipo para competir por todo"

▶    "Calquera xogadora que vén a Burela sabe que vén loitar por títulos e que aquí ten que dar o máximo", apunta a capitá laranxa
Bea Mateos. JOSÉ Mª ÁLVEZ
photo_camera Bea Mateos. JOSÉ Mª ÁLVEZ

O Pescados Rubén Burela FS, que se impuxo a tempada pasada na Copa da Raíña, aspira a "todo" no curso 2019-20, segundo explicou a xogadora Bea Mateos, que afronta a súa sétima campaña no equipo lucense.

"Temos un equipo para competir por todo, somos plenamente conscientes diso. Vexo a todas as xogadoras moi comprometidas e dispostas a deixarse a alma", indicou a 14 do Burela.

A á-peche do conxunto galego lanzou unha mensaxe ambiciosa aínda en pretemporada.
"Calquera xogadora que vén a Burela sabe que vén loitar por títulos e que aquí ten que dar o máximo ata o final", sostivo.

Bea Mateos: Vexo a todas as xogadoras moi comprometidas e dispostas a deixarse a alma

A capitá recoñeceu que da tempada pasada quedou "a espiña" do título de Liga tras quedar empatadas a puntos co Futsi Navalcarnero.

Comentarios