Lunes. 10.12.2018 |
El tiempo
Lunes. 10.12.2018
El tiempo

A bauxita e a alúmina superan ao carbón en Ferrol-San Cibrao

Mercantes fondeados, esperando para atracar en San Cibrao. D.V.
Mercantes fondeados, esperando para atracar en San Cibrao. D.V.

A autoridade portuaria moveu en oito meses nove millóns de toneladas, das que 3,7 foron en planta de Alcoa

SAN CIBRAO. O balance de movemento de mercancías da Autoridade Portuaria Ferrol-San Cibrao nos primeiros oito meses do ano mostra a progresión do tráfico portuario relacionado con Alcoa xa que se desembarcaron 2.922.411 toneladas de bauxita, moi preto das 3.047.423 toneladas de carbón para a térmica das Pontes. Ademais, en terceiro lugar do ranking figuran as cargas de alúmina en San Cibrao, con 817.018 toneladas. A continuación sitúanse, xa lonxe en volume e por esta orde, o gas natural, o fueloil, a chatarra, a madeira (185.460 toneladas), os aceites, o biodiésel e o aceiro.

Desde a institución que rexe o porto sancibrense destacan o dato de pasar a barreira dos nove millóns de toneladas, algo que só sucedera antes no ano 2012. Marzo, abril, xuño e xullo foron os meses máis fortes de movemento nos portos, sen dúbida influídos pola necesidade da planta de Alúmina de repor as súas stocks, con semanas en que esperaban fronte aos Farallóns para descargar ata 9 buques.

«Con este logro, cúmprese o obxectivo sinalado na súa programación estratéxica (rexistrar unha media mensual dun millón de toneladas) e consolídase tamén entre as catro primeiras autoridades portuarias da fachada noratlántica-cantábrica», sinalan. De feito, a ocupación foi máxima en San Cibrao durante estes meses, algo non visto noutros portos do norte peninsular.

Neste sentido, a Autoridade Portuaria tamén destaca que «os datos solicitados reflicten de igual xeito unha evolución positiva do número de buques operados nos peiraos de Ferrol e San Cibrao. No período xaneiro-agosto deste ano foron 781, fronte aos 745 dos oito primeiros meses de 2017. Pasaron polas instalacións da autoridade portuaria, entre outros, 438 barcos de carga xeral, 129 tanques de líquidos, 127 grandeleros de sólidos, 22 ro-ro e 21 portacontedores».

A bauxita e a alúmina superan ao carbón en Ferrol-San Cibrao
Comentarios