Barreiros investirá na traída de augas para evitar fugas como a de San Bartolo

Algúns veciños denuncian que "non hai fontaneiro municipal e tivo que vir Protección Civil"

Fuga de agua en Barreiros. EP
photo_camera Fuga de auga en Barreiros. EP

O goberno municipal barreirense prevé investir en melloras na traída principal de augas, coa próxima inauguración dun depósito en Celeiro, para evitar avarías como a que afectou este sábado á parroquia de San Bartolo, na zona costeira.

Desde a alcaldía consideran puntual a rotura da rede principal que deixou sen auga durante unhas horas da mañá do sábado á citada parroquia. Pero algúns veciños queixáronse dos danos ocasionados polo anegamiento parcial que houbo nunha vivenda debido á fuga. Outros aseguran que se viron indefensos e sen ninguén a quen avisar no Concello. "Non hai fontaneiro municipal e tivo que vir Protección Civil", dixeron.

Máis en A Mariña
Comentarios