Barreiros acolle o irmandamento entre Castillón e a localidade gala de Eysines

Ambas as localidades fan eventos de confraternidade desde o ano 1980

O trixésimo noveno irmandamento do concello de Castrillón (no Principado de Asturias) e Eysines (situada na rexión francesa de Aquitania), tivo lugar este domingo en Barreiros. Ambas as localidades fan eventos de confraternidade desde o ano 1980.

As comitivas asturiana e francesa chegaron sobre as 10.30 horas ao bar Moderno, onde tiveron tempo para almorzar e repor forzas para afrontar o día. Media hora máis tarde, a alcaldesa de de Barreiros, Ana Ermida, recibiu oficialmente ás respectivas delegacións ás 11.00 horas.

A xornada continuou cunha visita guiada ao xacemento arqueolóxico A Roda, onde os asistentes á reunión de confraternidade observaron o círculo lítico. A persoa encargada de levar a cabo as explicacións informativas sobre os detalles arqueolóxicos foi o profesor ribadense Emilio Piñeiroa.

Sobre as 14.00 horas chegou o momento da comida. Os participantes puideron gozar dun menú no restaurante La Yenka.

CATEDRAIS. Para finalizar a xornada na localidade de Barreiros, as delegacións realizaron unha última visita á praia das Catedrais sobre as 16.00 horas.

Alí observaron os arcos líticos que conforman a tamén coñecida como praia de Augas Santas.

Comentarios