jueves. 06.08.2020 |
El tiempo
jueves. 06.08.2020
El tiempo

Unha barista gana por vez primeira o certame de profesionais do IES Foz

A gañadora, Sara Solanas, flanqueada por Sebastián Eduardo González Flores (dereita) e Iago Rivas Eiroá (esquerda. AMA
A gañadora, Sara Solanas, flanqueada por Sebastián Eduardo González Flores (dereita) e Iago Rivas Eiroá (esquerda. AMA
Sara Solanas, que viaxou desde Canarias para participar no campionato, competiu cos mellores expertos do noroeste español

A coruñesa Sara Solanas Esteban, fincada desde hai dous anos en Gran Canaria, proclamouse esta tarde campioa do certame de baristas profesionais, que se celebrou no IES de Foz, converténdose así na primeira muller que gaña nesta especialidade no campionato focense.

A barista estivo dous meses preparándose para o certame, para o que se desprazou á mantenta desde Canarias. “A viaxe de tantas horas mereceu a pena, polo ambiente e o compañeirismo que se vive no centro, foi como estar en casa”, confesou moi emocionada a gañadora, que non puido competir en Foz sendo alumna da escola de Hostalería e tiña ganas de quitarse esa espiña, e fíxoo ao grande.

Sebastián Eduardo González Flores e Iago Rivas Eiroá acompañárona no podio, co segundo e terceiro posto respectivamente.

Con esta proba, na que competiron catorce profesionais, péchase o certame de baristas, que arrincou o mércores no instituto focense e que inclúe a celebración de catro probas, dúas para escolas de hostalería e outras tantas para profesionais.

Unha barista gana por vez primeira o certame de profesionais do IES...