Bañistas temen as consecuencias pola escaseza de socorristas en Barreiros

O Concello non puido cubrir todas as prazas asignadas e a alcaldesa cre que as condicións esixidas e a redución dos contratos a dous meses complican que haxa persoal dispoñible
Simulacro de rescate en la playa de As Catedrais. EP
photo_camera Simulacro de rescate na praia das Catedrais.

Usuarios das praias de Barreiros temen polas consecuencias da escaseza de socorristas, que non chegan para a vixilancia dos oito quilómetros de litoral dun concello con praias de mar aberto e con perigosas correntes que provocan continuos rescates, como os que se produciron nos últimos días na praia de Remior, pero sobre todo na de Lóngara. Nesta última, "foron os socorristas da escolas de surf e algún bañista coñecedor da zona e das correntes os que sacaron á xente da auga", segundo aseguraron varios bañistas asiduos ao areal que quixeron facer públicas as súas queixas ante o temor de que algún día haxa algunha desgraza.

Preocupada está tamén a alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, quen recorda que non se puideron cubrir as doce prazas para salvamento que ofertaban para este verán. Unha situación da que non dubida que detrás están as restritivas condicións da Xunta "con cursos que só pídense en Galicia" e a diminución da duración dos contratos, "que son só de dous meses e moita xente opta por non vir", recorda a rexedora, quen suma que este ano o proceso de contratación fíxose moi tarde.

En total, Barreiros conta este ano con oito socorristas, dous deles a xornada parcial, máis un vixiante, un técnico sanitaria e un patrón para a lancha, que este verán está por contratar polas renuncias previas de quen obtiveron a praza. O municipio chegou a contar con 32 socorristas en anos pasados, un número imposible de alcanzar nos últimos veráns, polo que se pide prudencia aos usuarios. "O vixiante que está en Lóngara estivo avisando na xente para que non se metese", recorda Ermida.

SIMULACROS. Os areais ribadense de As Catedrais e Os Castros-As Illas, acolleron o martes senllos simulacros de rescate, nos que en total participaron oito socorristas e dous técnicos sanitarios e a zódiac de salvamento. "Son actuacións que facemos todos vos anos para estar preparados para unha emerxencia e onte foi un día de moita oleaxe", aseverou o edil de medio ambiente, Jorge Díaz.

Comentarios