O Banco Santander unifica este venres as súas oficinas en Viveiro

Santander
photo_camera Unha oficina do Banco Santander. ARQUIVO

O Banco Santander concentra as dúas oficinas que ten na rúa Pastor Díaz de Viveiro na situada no número 10 —na Casa dos Leóns, onde anteriormente estaba o Banco Pastor— a partir deste venres.

Un cartel informa os clientes de que "co obxectivo de mellorar as instalacións" o venres o horario de atención ao público será de oito e media da mañá a unha da tarde.

Comentarios