Bad Omens cancela a súa xira europea e non estará no Resu

A organización do Resurrection Fest traballa para anunciar pronto un substituto 
Público en un concierto del pasado Resu. DANIEL CRUZ (RESURRECTION FEST)
photo_camera Público en un concierto del pasado Resu. DANIEL CRUZ (RESURRECTION FEST)

Bad Omens non estará no Resurrection Fest 2024. A banda estadounidense ha emitido un comunicado no que anuncian a cancelación de toda a xira europea, polo que non estarán Viveiro o próximo mes de xuño. 

A organización do Resu recolleu o comunicado de Bad Omens e desde o festival vivariense aseguran que xa se atopan traballando para "atopar un substituto á altura para Resurrection Fest 2024".

O festival agradece a "comprensión" por parte dos fans e esperan anunciar pronto a banda que substituirá aos norteamericanos no cartel.  


Comentarios