Avanzan as obras do viario que unirá Galdín co centro de saúde de San Cibrao

As obras da nova estrada que se abrirá en San Cibrao, e que enlazará o centro de saúde con Galdín, avanzan a bo ritmo, segundo constata o rexedor cervense, Afonso Villares, que este luns se desprazou á zona, xunto cun grupo de técnicos, para supervisar o estado duns traballos que son fundamentais para a localidade. "A estrada é unha alternativa de entrada e saída dá vila, que aliviará moito ou tráfico", asegura o rexedor.

Entre as obras executadas ata a data inclúese a explanación do terreo e os movementos de terra, necesarios para poder crear esta nova arteria, de 350 metros de longo, os que distan desde a Avenida Bellavista e a Avenida da Veiga.

Un viario, no que se aproveitarán os seus doce metros de ancho para facelo de dobre sentido, e que servirá como acceso do tráfico pesado ata o polígono de Cuiña, ademais, contará con amplas beirarrúas e zonas de aparcadoiro e incluirá unha ponte sobre a vía do tren, para o que xa se executaron os muros de contención e colocáronse os estribos desta infraestrutura.

Para facilitar o acceso dos vehículos construiranse sendas glorietas, ao principio e final da estrada, onde tamén se instalará nova iluminación, servizos de saneamento e recollida de augas pluviais, actuacións que xa están executadas, e trabállase na actualidade na delimitación da calzada.

Comentarios