Auxilian a unha persoa que caeu no baño da súa vivenda na Misericordia

Os bombeiros de Viveiro abriron a porta e os sanitarios evacuaron á afectada ao Hospital da Mariña, en Burela
Hospital da Mariña. AEP
photo_camera Hospital da Mariña. AEP

Os servizos de urxencia auxiliaron na mañá deste xoves a unha persoa maior que caeu no baño do seu domicilio no barrio vivariense da Misericordia sen que puidese levantarse polos seus propios medios. Ocorreu ás oito e cuarto da mañá.

Os bombeiros do parque comarcal de Viveiro acudiron ao rescate da persoa, que alertou gritando á veciñanza.

Un equipo sanitario de Urxencias Médicas do 061 evacuou á ferida ao Hospital da Mariña, situado en Burela, a fin de prestarlle a asistencia necesaria.

Ata o lugar desta incidencia tamén se desprazaron efectivos da Policía Local de Viveiro e a Policía Nacional.