Auxilian a un home que sufriu fractura nunha perna na praia de Lóngara

Atopábase paseando polo areal cando sufriu o contratempo
Playa de Lóngara. AEP
photo_camera Playa de Lóngara. AEP

O persoal de Urxencias Médicas do 061 atendeu despois do mediodía do martes a un home que sufriu unha fractura nunha perna mentres paseaba pola praia de Lóngara, en San Cosme de Barreiros. Vecinos que estaban alertaron ao 112 en Galicia, que de inmediato mobilizou aos servizos sanitarios.

A persoa ferida foi atendida no lugar e despois evacuada ao centro hospitalario comarcal, sito en Burela.