Aurea María Vázquez Abal encabeza a lista do BNG en Lourenzá

Nacida en Pontevedra fai 50 anos, leva máis de quince anos vinculada a Lourenzá polo seu traballo como veterinaria

Aurea María Vázquez. AMA
photo_camera Aurea María Vázquez. AMA

O BNG presenta unha lista encabezada por Aurea María Vázquez Abal, ‘Mani'. en Lourenzá. Nacida en Pontevedra fai 50 anos, leva máis de quince anos vinculada a Lourenzá polo seu traballo como veterinaria. Actualmente ocupa un posto na Consellería de Medio Rural como veterinaria laboral indefinida na oficina comarcal veterinaria de Mondoñedo.

"Apostar por unha candidatura encabezada por Mani é garantía de contar co medio rural e natural", aseguran desde o BNG, "nun concello no que o sector agrario segue a ter tanto peso como é Lourenzá, contar cunha persoa que, polo seu traballo, pero tamén por convencemento, ten un coñecemento directo das necesidades dos sectores produtivos é unha garantía de que a administración local traballe na mesma dirección que as produtoras e produtores e redunde no desenvolvemento local".

Comentarios