domingo. 17.10.2021 |
El tiempo
domingo. 17.10.2021
El tiempo

Augas aconsella medidas de autoprotección en Xunqueira

Camiño da Fonte, en Xunqueira. JOSÉ Mª ÁLVEZ
Camiño da Fonte, en Xunqueira. JOSÉ Mª ÁLVEZ
Como suma ás obras a realizar, recorda aos veciños que deben tomar certas precaucións

Ademais das obras para ensanchar o río que impulsará Augas de Galicia con participación do Concello Viveiro e a Deputación para minimizar os riscos de futuras inundacións no barrio de Xunqueira, o ente público recorda aos veciños que están zona de risco de inundación.

Isto implica que eles mesmos deben tomar certas medidas de autoprotección cando se produza un episodio destas características, por exemplo "poñer barreiras de contención, ter as habitacións nos pisos de arriba dás casas ou non baixar ao piso de abaixo cando hai crecidas", entre outras.

Augas traslada que un dos principais obxectivos do plan de xestión dos riscos de inundación é incrementar a percepción do risco e das estratexias de autoprotección por parte dos cidadáns e recorda a pertinencia do plan de actuación municipal que tamén inclúa estas medidas de autoprotección.

Augas aconsella medidas de autoprotección en Xunqueira
comentarios