Atropelado un mozo mentres cruzaba en Foz

O home, que sufriu unha ferida no pé, foi evacuado en ambulancia

Un home foi atropelado á primeira hora da mañá deste xoves na estrada xeral que cruza a localidade de Foz, á altura do Instituto. O suceso ocorreu ás 09.00 horas. Nese momento, a condutora dun vehículo, que se incorporaba desde unha pista á estrada xeral, atropelou a un mozo que nese momento cruzaba pola prolongación da beirarrúa.

Resultado dese atropelo, a vítima sufriu unha ferida no pé esquerdo, polo que sangraba. O viandante foi trasladado a un centro sanitario por unha ambulancia do 061 para tratar a lesión, mentres que a Policía Local de Foz tomou declaración á condutora do vehículo implicado no suceso.

Ata o lugar dos feitos se deplazó unha ambulancia do 061, a Polícia Local de Foz e a Garda Civil de Tráfico.